Reforzo da recollida do lixo no casco histórico ata setembro
O Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 17 de xuño ao 16 de setembro
A Concellaría de Convivencia e Medio Ambiente vén de comunicar que, como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán no casco histórico, e co obxectivo de mellorar a limpeza e ornato das rúas, o Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 17 de xuño ao 16 de setembro.
Os residuos deberán sacarse á rúa en bolsas pechadas e introducirse dentro dos contedores, co seguinte horario:
- Vivendas particulares e comercios (agás hostalería), a partir das 20:30 horas.
- Locais de hostalería, a partir das 1:00 horas.
O Concello de Santiago agradece a colaboración no cumprimento da norma e o do horario, sen a cal esta dobre recollida non obtería os resultados para os que foi deseñada.
ZONAS DE DOBRE RECOLLIDA
San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Praterías, Conga, Xelmírez, rúa Nova, Toural, Bautizados, Franco, Raíña, rúa do Vilar, Rodrigo de Padrón, San Clemente, Trindade, Hortas, Pombal e Carretas.