O BNG asumirá a concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais en Oroso
Os dous grupos aseguran que en vindeiros días publicarán o programa de goberno acordado conxuntamente
Tralos resultados electorais do pasado 26 de maio e despois de manter as pertinentes reunións de negociación entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Oroso, ambas formacións políticas chegaron a un acordo de goberno que as dúas partes entenden "beneficioso e frutífero para seguir traballando e avanzando a prol do noso municipio".
"Neste momento estamos en condicións de anunciar que a cabeza de lista do BNG en Oroso, Isabel Fernández Gallego, pasará a ocupar a Concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais", aseguraron nun comunicado a formación nacionalista
Os dous grupos aseguran que en vindeiros días publicarán o programa de goberno acordado conxuntamente e que consideran "o mellor para o noso Concello e a súa veciñanza".