Un pouco de chuvias para un venres de festival
08:00 14/06/19
08:00 14/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima os 17ºC
O venres Galicia quedará na influencia dos ventos de compoñente oeste que deixarán unha xornada de ceos parcialmente anubrados, con chuvascos, ocasionalmente treboentos, que comezarán a rexistrarse a partir do mediodía pola franxa atlántica e que chegarán á toda a Comunidade co avance da tarde.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima os 17ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente oeste.