miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico na rúa de Santa Marta de Abaixo

Corte de tráfico na rúa de Santa Marta de Abaixo
Corte de tráfico na rúa de Santa Marta de Abaixo

Os traballos comezarán na pequena praciña que forma a rúa e iranse desenvolvendo cara ao centro da cidade

Con motivo dos traballos de canalización da rede de subministración eléctrica entre os números 7 e 25 da rúa de Santa Marta de Abaixo, esta permanecerá cortada ao tráfico do 17 ao 28 de xuño, en horario laboral. Unha vez finalizada a xornada, a rúa quedará libre para poder circular por ela ata a mañá seguinte.

Os traballos comezarán na pequena praciña que forma a rúa e iranse desenvolvendo cara ao centro da cidade. Polo tanto, durante o horario laboral, os residentes afectados dun lado e doutro terán que entrar e saír aos seus domicilios polo mesmo lugar. 

Dunha banda, os veciños/as  de domicilios máis próximos ao centro, accederán e sairán dende o cruce das rúas de Manuel Caeiro e da Espiñeira. Doutra, os máis próximos á praciña, accederán e sairán dende o Campo de Santa Marta.

Comentarios
Lo más