Un operario é atropelado por unha máquina en Pereiro de Aguiar
10:15 13/06/19
10:15 13/06/19
O accidente ocorreu nun taller de maquinaria situado en Cachamuíña, en A Lamela, na localidade de O Pereiro de Aguiar
Ao fío das 18:30 horas de onte, os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para o traslado doutro operario. Neste caso, segundo indicaron, tratouse dun traballador ferido ao ser atropelado por unha máquina.
O accidente ocorreu nun taller de maquinaria situado en Cachamuíña, en A Lamela, na localidade de O Pereiro de Aguiar. Tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.
Os servizos sanitarios de urxencia confirmaron o traslado do ferido no helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.