miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela celebra o último pleno da corporación 2015-2019

Compostela celebra o último pleno da corporación 2015-2019
Compostela celebra o último pleno da corporación 2015-2019

O Pleno serviu tamén de despedida para aqueles concelleiros e concelleiras que non repetirán na nova Corporación

Este mércores celebrouse o último Pleno da Corporación da lexislatura 2015-2019. Foi unha sesión extraordinaria na que o único punto da orde do día foi a lectura de actas das sesións plenarias do 10 e 27 de abril. O Pleno serviu tamén de despedida para aqueles concelleiros e concelleiras que non repetirán na nova Corporación.

O vindeiro sábado 15 de xuño, ás 11:00 horas, celebrarase o pleno extraordinario de constitución da nova Corporación, na que os concelleiros e concelleiras xurarán ou prometerán os seus cargos e elixirán o novo alcalde, que tomará posesión. 

Comentarios
Lo más