miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Balneario de Compostela, en Brión, participa no Programa de Termalismo do IMSERSO

O Balneario de Compostela, en Brión, participa no Programa de Termalismo do IMSERSO
O Balneario de Compostela, en Brión, participa no Programa de Termalismo do IMSERSO

Os pensionistas poden reservar praza en balnearios dentro do Programa de Termalismo do IMSERSO para os meses de xuño a decembro

A Asociación de Balnearios de Galicia aclara que os balnearios españois e, polo tanto, os galegos, non están afectados pola suspensión cautelar do Programa de Vacacións do IMSERSO. O organismo amosa a súa preocupación pola confusión que se está a xerar entre os usuarios e informa de que os pensionistas poden reservar praza en balnearios dentro do Programa de Termalismo do IMSERSO para os meses de xuño a decembro.

A Asociación lembra que o IMSERSO creou hai 30 anos un programa diferenciado para os balnearios, o Programa de Termalismo Social, do que gozan máis de 200.000 persoas cada ano en todo o país. No marco deste Programa -que se renovou con acordo entre as partes e posteriormente foi aprobado polo Consello de Ministros o pasado mes de decembro para os vindeiros dous anos, con posibilidade de prórroga dun terceiro- Galicia é unha das comunidades que ofrece un maior número de prazas e con máis balnearios participantes.

Este ano participan no programa 17 establecementos galegos, que ofertan no seu conxunto máis de 27.000 prazas. Na provincia da Coruña están o Balneario de Compostela -situado no concello de Brión- e o de Carballo. Na provincia lucense están o Balneario de Lugo-Termas Romanas, Río Pambre e Augas Santas (Pantón).

En Ourense participan os establecementos termais de Baños de Molgas, Arnoia Caldaria Hotel Balneario, Laias Caldaria Hotel Balneario (concello de Cenlle), Lobios Caldaria Hotel Balneario e o Gran Balneario do Carballiño. E en Pontevedra os balnearios de Baños da Brea (situado en Vila de Cruces), Caldelas de Tui, Eurostars Isla de la Toja, Mondariz, Termas de Cuntis, xunto con Dávila e Acuña (os dous en Caldas de Reis).

Comentarios
Lo más