Baixada de temperaturas no día de hoxe en Compostela
08:00 11/06/19
08:00 11/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima ata os 16ºC
A presenza dunha baixa no Cantábrico con aire frío en altura e circulación do norte achegará aire húmido dende o mar.
Con isto, os ceos estarán máis anubrados canto máis ao norte, con algunhas chuvias ao principio e final da xornada, mentres que no sur alternarán as nubes e os claros.
As temperaturas mínimas continuarán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima ata os 16ºC.
Os ventos soprarán de compoñente norte, aumentando progresivamente a intensidade durante a mañá, ata acadar intervalos fortes en puntos do litoral pola tarde.