miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito de público no espectáculo de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira

Éxito de público no espectáculo de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira
Éxito de público no espectáculo de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira

No espectáculo titulado Alicia no país das Marabillas participaron un total de 75 bailarinas 

Todas as butacas do Auditorio ribeirense ocupáronse con ocasión da celebración no serán do domingo do festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira: un espectáculo titulado Alicia no país das Marabillas no que participaron un total de 75 bailarinas e que espertou o aplauso unánime dos máis de 270 espectadores congregados.

No transcurso da función foron aparecendo os distintos personaxes extraordinarios da obra de Lewis Carroll: Alicia (interpretada por Sara González), Coello Branco (Celia Agra), o gato de Chesire (Tatiana Esperante), a Raíña de Corazóns (Sara Martínez), ademais de bolboretas, reloxos, unicornios, orugas, flores, corazóns, etc.

A obra estivo dirixida pola profesora da Escola Cristina Riveiro, responsable tamén da coreografía adaptada, con música de Joby Talbot.

Comentarios
Lo más