Arturo Parrado subliña a importancia da investigación e a concienciación para facer fronte á esclerose múltiple
Díxoo durante a celebración da quinta edición da carreira e andaina solidarias que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Acem)
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou a importancia da investigación e a concienciación social para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple. Díxoo durante a celebración da quinta edición da carreira e andaina solidarias que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Acem).
Parrado felicitou e agradeceu a solidariedade de todas as persoas que participaron e colaboraron neste evento, ademais de enxalzar o traballo de Acem. Tamén garantiu a continuidade do apoio da Xunta á entidade e apuntou que detrás de cada diagnose e da cada historial clínico hai unha persoa.