miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico na rúa de Fernando III O Santo

Corte de tráfico na rúa de Fernando III O Santo
Corte de tráfico na rúa de Fernando III O Santo

O motivo do corte é o arranxo de dúas tapas afundidas na calzada que se atopan ao final do devandito tramo

O vindeiro martes 11 de maio, a rúa de Fernando III O Santo vai permanecer cortada ao tráfico entre as 15:30 e as 19:30 horas no tramo comprendido entre as rúas da República Arxentina e da Rosa. O motivo do corte é o arranxo de dúas tapas afundidas na calzada que se atopan ao final do devandito tramo.

Tanto a entrada como a saída de vehículos a esta parte de Fernando III O Santo farase dende a rúa da República Arxentina, polo que haberá operarios para facilitar os movementos da circulación mentres duren as obras.


Comentarios
Lo más