Usuarias da Asociación Ambar rachan barreiras na perfomance "COMunidade"
06:30 10/06/19
06:30 10/06/19
O público puido disfrutar dunha magnifica actuación de todas as usuarias
Usuarias da Asociación Ambar veñen de realizar no marco do Xuño da Cultura e as Artes unha performance que, baixo o título de COMunidade, vén de exhibir de forma moi gráfica como sortear alambradas e derrubar fronteiras de todo tipo nesta sociedade na que aínda persiste o egoísmo individual.
Mestura de distintas danzas rexionais e tribais, seis foron as mulleres participantes nesta proposta, que ía ter lugar inicialmente na rúa Galicia, pero que a consecuencia da cicloxénese explosiva da semana pasada se trasladou á sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, onde gozou de gran aceptación entre os espectadores.