miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas resultan afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Lugo

Tres persoas resultan afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Lugo
Tres persoas resultan afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Lugo

O lume foi sufocado polos ocupantes do piso e soamente alcanzou a un sofá.


res persoas foron trasladadas ao Hospital de Lugo con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio declarado nunha vivenda da Plaza de Alicante.

O lume foi sufocado polos ocupantes do piso e soamente alcanzou a un sofá.

Con todo, o suceso causou a alarma dos veciños do inmoble que, tras percibir fume polo patio de luces, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda cando daban as 16:30 horas de onte. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos bombeiros da cidade co fin de atallar as chamas o antes posible. Sen embargo, á súa chegada, os ocupantes da vivenda conseguiran apagalo. 

Iso si, tres persoas resultaron afectadas e tiveron que ser evacuadas ao Hospital de Lugo con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Ademais dos profesionais sanitarios, no operativo participaron tamén os axentes da Policía Local.   

Comentarios
Lo más