Ceos con nubes e claros en Compostela
08:00 09/06/19
08:00 09/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará os 20ºC
O domingo Galicia continuará nunha zona de transición entra altas e baixas presións, aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera.
Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional durante a tarde, máis probable canto máis ó norte.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará os 20ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente norte.