miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Pontón pide responsabilidade ao PSdeG para garantir gobernos do cambio en Galicia

Pontón pide responsabilidade ao PSdeG para garantir gobernos do cambio en Galicia
Pontón pide responsabilidade ao PSdeG para garantir gobernos do cambio en Galicia

Ana Pontón  manifesta que fronte  actuacións irresponsables do PSdG, o BNG estará á altura para ser freo de contención da dereita

Tras a reunión do Consello Nacional do BNG para analizar o escenario político de pactos nos gobernos municipais, a portavoz nacionalista, Ana Pontón pediu “responsabilidade ao PSdG para garantir gobernos alternativas ao Partido popular, en todos aqueles concellos en que sexa posible”.

Para a portavoz nacionalista,  casos como Barreiros, Fene ou Viana do Bolo, nos que  xa houbo contactos entre o PP e PSOE, xeran “incertidume e son un acto de irresponsabilidade por parte do PSdG”, e traslada  unha mensaxe “moi decepciónante”  ao electorado progresista que quere e votou por gobernos alternativos á dereita.

Pontón asegurou que  o  26M deixou unha mensaxe clara, “os galegos e galegas apostaron por darlle máis peso ao nacionalismo nos gobernos municipais, e imos ser fieis a ese mandato cidadá”.

O BNG é un proxecto “xenuíno, non homologábel a ningunha das outras forzas políticas, que actúa de maneira soberana e sen subordinacións”. No BNG,  cremos no diálogo  e  diálogo, explicou a portavoz nacionalista , pode desembocar en gobernos de coalición, en apoios á investidura, en apoios puntuais ou en facer oposición. “Todas as fórmulas son válidas e en todas nos sentimos cómodas”.

Pontón afirmou que o  BNG vai garantir o seu compromiso para evitar gobernos da dereita, pero ten que existir reciprocidade e altura de miras por parte doutras forzas políticas e  “non podo ocultar a nosa preocupación polo que está a pasar nalgúns concellos como Barreiros ou Fene, onde estamos vendo movementos moi estraños polo que  agardamos que o PSOE apoie á candidata e candidato do BNG, onde somos a forza de referencia e non  agasalle esas alcaldías ao PP. “Estou convencida que os veciños e veciñas non llo perdoarían nunca”, recalcou.

“Fronte a estas actuacións irresponsables do PSdG, desde o BNG imos estar á altura e ser freo de contención da dereita en todos os casos en que sexa posíbel”. 

Pontón lembrou que a  remontada do BNG viuse nas europeas, onde nos situamos, dixo, como terceira  forza política galega, conseguindo máis que duplicar os votos e polo tanto movendo o taboleiro político cun proceso de crecemento importante que nos permite seguir tendo voz en Europa para defender os intereses de Galicia a través de Ana Miranda. 

Pero ese incremento tamén  se produciu nas eleccións municipais, onde tivemos máis votos, e onde cumprimos obxectivos: Volvemos estar en todas as cidades galegas, somos decisivos en cidades como Lugo e Ferrol e lideramos por 6ª vez  Pontevedra, e estamos en  condicións de ter 30 alcaldías en todo o país, que representan a case 300.000 galegos e galegas que terán alcaldes e alcaldesas nacionalistas.

O BNG INCIA A PREPARACIÓN DAS ELECCIÓNS  GALEGAS 


Na súa intervención, Ana Pontón anunciou que o BNG xa está traballando no “reto das eleccións galegas de 2020” para conseguir un novo  impulso, que “nos sitúe como referencia e catalizador do cambio real que precisa Galicia”. Neste sentido, avanzou que o BNG xa prepara un encontro  nacional de política municipal nos primeiro días de xullo para trazar as liñas de actuación neste ámbito e “unha grande mobilización social  o 25 de xullo” con todas as persoas que defendemos “outra Galicia posible”. O 25 de xullo, dixo, ten que ser o primeiro gran acto político que poña en marcha “un cambio” en clave  de país nas galegas do 2020.

“É o momento de darlle un novo impulso ao BNG, para poñer fin a esta década nefasta de Feijóo e abrir un novo tempo da man do BNG. De poñer en marcha un cambio que poña por diante os intereses de Galiza e deixe atrás tanta incompetencia política, e subordinación a Madrid”.

LEMBRANZA A ANXELA FRANCO

A portavoz nacional do BNG, no seu nome e de toda a familia nacionalista lembrou con “afecto” á Anxela Franco, compañeira do Consello Nacional que nos deixou o pasado domingo. Unha muller, “loitadora, irrepetible, xenerosa” que sempre demostrou o seu compromiso con Galiza e o BNG e que sempre estará na nosa memoria e no noso corazón.

Comentarios
Lo más