miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladan a un veciño ao centro de saúde despois dun incendio na súa vivenda

Trasladan a un veciño ao centro de saúde despois dun incendio na súa vivenda
Trasladan a un veciño ao centro de saúde despois dun incendio na súa vivenda

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse ás 22:30 horas de onte na Avenida Benito Vigo

Un incendio obrigou a un veciño a trasladarse ao centro de saúde da Estrada ao verse afectado polo fume dun incendio que calcinou unha habitación con diverso material procedente dunha mudanza. 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse ás 22:30 horas de onte na Avenida Benito Vigo. Para sufocar o lume, o persoal do 112 pediu a colaboración dos membros do GES da localidade, así como dos Bombeiros do Deza.

Tamén contaron co apoio da Policía Local. 

Comentarios
Lo más