A Escola Municipal de Baller celebra mañá o espectáculo "Alicia no país das Marabillas"
10:05 08/06/19
10:05 08/06/19
As entradas serán gratuítas e poderán ser retiradas dende media hora antes da función
O Festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira vai ter lugar este domingo 9 de xuño cun espectáculo titulado “Alicia no país das Marabillas”, no que un total de 75 bailarinas se subirán ás táboas do Auditorio a partir das 20 horas.
A actuación mostrará como Alicia vai coñecendo a unha serie de personaxes extraordinarios que irán integrando un magnífico corpo de baile nunha proposta que aunará danza ao máximo nivel con entretemento familiar. A función concluirá coa entrega de diplomas ao alumnado.
As entradas serán gratuítas e poderán ser retiradas dende media hora antes da función. Ata completar aforo.