miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares lamentan "a amnesia permanente" de Martiño Noriega

Os populares lamentan "a amnesia permanente" de Martiño Noriega
Os populares lamentan "a amnesia permanente" de Martiño Noriega

Para o PP, “o rexedor en funcións fai gala da deslealdade, capricho e inoperancia” que protagonizou todo o seu mandato que, como sí lembraron os composteláns o pasado 26 de maio, “foi baleiro e frustrante para Santiago”

O Grupo Municipal Popular lamentou onte “a amnesia permanente” na que vive o actual alcalde en funcións, Martiño Noriega, que amosa “non ter conseguido ler a documentación que lle entregou o PP no traspaso de poderes do anos 2015”, a tenor das declaración feitas onte ante os medios de comunicación.

Para o PP, “o rexedor en funcións fai gala da deslealdade, capricho e inoperanza” que protagonizou todo o seu mandato, que, como si lembraron os composteláns o pasado 26 de maio, “foi baleiro e frustrante para Santiago”.

O grupo Municipal Popular subliñou que “non hai máis que acudir á hemeroteca para coñecer a opinión do señor Noriega no ano 2015”, cando, tal como publicaban todos os medios, manifestaba “…manexarán un prazo de trinta días para a normalización, continuando co proceso de traspaso de poderes -«facilitado por Agustín Hernández, cuestión que hai que agradecer».

Para refrescarlle a memoria, ao “despistado edil compostelán”, os Populares indicaron que noutro medio de comunicación podía lerse tamén que Noriega agradecía "a elegancia do goberno saínte no proceso de traspaso de poderes", xa que "toda a información que nos pasaron sobre as diversas áreas facilitounos moito o traballo e demostra unha actitude positiva".   

Os Populares creen que ao único que poden obedecer as actuais desafortunadas declaracións do alcalde en funcións é a frustración que lle ten que producir “ter desprezado a confianza que lle deron os veciños e ver como foi incapaz de sacar algún proxecto adiante en 4 anos”.

Por último, o Grupo Municipal Popular lembrou que, no traspaso de poderes do ano 2015, fixéronlle entrega a Compostela Aberta dunha exhaustiva documentación de cada área que elaborou cada xefe de departamento, “a única diferencia que existiu naquel escenario é que a súa entrega non precisou de ningunha teatralización cara o público”.  

Comentarios
Lo más