Compostela seguirá baixa a influencia das borrascas
08:00 07/06/19
08:00 07/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 16ºC
Mantense aínda a inestabilidade en Galicia, con aire frío nas capas altas da atmosfera que nos deixará unha xornada de chuvascos máis frecuentes durante a mañá.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 16ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente oeste, aínda con intervalos fortes a primeiras horas no litoral norte.