Liberan a unha persoa despois de quedar atrapada no seu coche por mor dun accidente
Unha vez no lugar do accidente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba liberaron á persoa do interior do vehículo
No termo municipal lucense de Xermade, unha persoa precisou ser liberada do interior do coche no que circulaba ao saírse da vía. Sucedeu no punto quilométrico 16,500 da LU-861, ao fío das 6:00 horas.
A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar do accidente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba liberaron á persoa do interior do vehículo e, finalmente, foi evacuada nunha ambulancia a un centro médico.