miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume nun incendio en Oleiros

Unha persoa evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume nun incendio en Oleiros
Unha persoa evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume nun incendio en Oleiros

O suceso produciuse pouco antes das 15:00 horas de onte, nunha vivenda situada na Rúa A Castañeira, na parroquia coruñesa de Lorbé, en Oleiros

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha persoa ao Centro Hospital Universitario da Coruña que presentaba síntomas de intoxicación por fume tras declararse un incendio na súa vivenda.


O suceso produciuse pouco antes das 15:00 horas de onte, nunha vivenda situada na Rúa A Castañeira, na parroquia coruñesa de Lorbé, en Oleiros. Nese intre, o 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular informando de que saía fume pola porta do piso. Ademais, indicaba que nese intre os moradores da vivenda acabaran de saír poderían precisar asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia, informouse aos 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Garda Civil e Policía Local. Así mesmo, os feitos tamén foron postos en coñecemento do persoal do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez apagado o lume, Protección Civil confirmaba ao 112 Galicia que ardeu o falso teito do cuarto de baño da vivenda.

Comentarios
Lo más