Galicia En Común traslada as súas demandas de cara á investidura
"Transmitimos que Galicia en Común pide compromisos para Galicia. Vivimos momentos duros nos que ao longo destes ano non observamos sensibilidade do Goberno para con Galicia", insistiu Díaz
A voceira de Galicia En Común, Yolanda Díaz, trasladou este mércores na xuntanza co Xefe de Estado as demandas e compromisos para Galicia.
"Transmitimos que Galicia en Común pide compromisos para Galicia. Vivimos momentos duros nos que ao longo destes ano non observamos sensibilidade do Goberno para con Galicia", insistiu Díaz.
Entre outras, a deputada trasladou a preocupación da desindustrialización polo risco dos traballadores de Alcoa e Isowat.
"Esiximos compromisos fronte á inacción, demandas relativas ao desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias, conexión interior, conexión Ferrol - A Coruña e saída sur, conexións dixitais e tamén autoestradas".
A voceira de Galicia En Común reclamou que se escoite á sociedade: "a xente quere un goberno progresista, a maioría das forzas somos progresistas e hai forza para conformar un Goberno de acordo a un programa de cambio e progresista".
"A sociedade non quere gobernos monocolor nin únicos. Para nós é chave a estabilidade, non sería entendible que non se buscara por parte de Sánchez a estabilidade, e nós podemos garantila", engadiu, poñendo o foco en Europa onde se están levando a cabo gobernos de coalición.
Na visita, a deputada levou como regalo un libro de Rosalía de Castro, Follas Novas, "porque representa a vangarda, o novo tempo e o feminismo". Unha muller que sempre loitou contra as inxustizas sociais.