miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Prisión provisional para dous detidos polo asesinato de Toques

Prisión provisional para dous detidos polo asesinato de Toques
Prisión provisional para dous detidos polo asesinato de Toques

A causa continúa declarada como secreta, polo que á vista dalgunhas informacións publicadas, que poderían influír negativamente na investigación en curso,

O Xulgado de Arzúa (A Coruña) ordenou prisión provisional comunicada e sen fianza para dúas dos tres detidos pola morte dun home en Toques, que serán investigados por homicidio ou asasinato e incendio forestal, informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, deixou en liberdade con comparecencias quincenais para o terceiro detido, investigado por un presunto delito de encubrimento.

A causa continúa declarada como secreta, polo que á vista dalgunhas informacións publicadas, que poderían influír negativamente na investigación en curso, o xulgado abriu dilixencias de investigación por se os feitos puidesen ser constitutivos dun delito de revelación de segredos.

A Garda Civil continúa coa investigación do corpo dun veciño calcinado que foi atopado no interior dun coche en chamas; non descartan ningunha hipótese

Axentes da Garda Civil exercendo de Policía Xudicial detiveron este luns ao mediodía a estas tres persoas pola súa presunta relación coa morte de Julio Lea Casal, cuxo cadáver foi achado nun coche nunha pista forestal durante a extinción dun incendio.

Os detidos foron trasladados de inmediato ao cuartel de Boimorto, e seguidamente enviados a Lonzas, e esta mañá pasaron a disposición xudicial.

Comentarios
Lo más