O temporal Miguel chega con forza a Compostela
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará aos 15ºC
Un centro de baixas presións atoparase preto de Galicia durante esta xornada, achegando moita inestabilidade.
Esta situación deixará un aumento progresivo de nubes con chuvascos, que comezarán pola mañá na metade oeste e que serán probables en calquera punto pola tarde, cando serán ocasionalmente fortes e poderán vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia.
A cota de neve situarase arredor dos 1.400 metros á noite.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará aos 15ºC.
Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.