A Xerencia de Santiago súmase á celebración do Día Nacional do Doador de Órganos
Nos primeiros meses deste ano 2019, 18 persoas falecidas (catro deles en asistolia e os outros en morte encefálica) doaron os seus órganos no CHUS
A xerencia sanitaria compostelá súmase á celebración do Día Nacional do Doador de Órganos que este ano leva por lema “doar é amar”. Con tal motivo a xerente de área sanitaria de Santiago Eloína Núñez, o xefe do servizo de Nefroloxía, Cándido Díaz, o xefe de servizo de uroloxía, Camilo García, e a coordinadora de Doazón e Transplantes, Carmen Rivero, achegáronse onte ás mesas informativas instaladas pola Federación Alcer e Trasrilsan no Hospital Clínico de Santiago para manifestar o seu agradecemento a todos os doadores e ás súas familias, así como o apoio ao labor que realizan as asociacións de doentes.
Nos primeiros meses deste ano 2019, 18 persoas falecidas (catro deles en asistolia e os outros en morte encefálica) doaron os seus órganos no CHUS.
No primeiro semestre realizáronse 53 transplantes de órganos: 25 de fígado e 28 de ril (dous destes con inxertos procedentes de doador vivo) .
A Oficina de Coordinación de Transplantes do CHUS fomenta a formación continuada entre o persoal propio e participa tamén en tarefas de formación e información sobor do proceso de doazón e transplante, tanto no ámbito sanitario como no ámbito social.