miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia coeditan a biografía máis completa de Castelao

O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia coeditan a biografía máis completa de Castelao
O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia coeditan a biografía máis completa de Castelao

Preséntase hoxe xoves no Museo do Pobo Galego, ás 19:30 horas

O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930, a primeira parte da biografía do intelectual galeguista escrita polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane como resultado da súa tese de doutoramento e que terá continuidade noutros dous tomos. Preséntase hoxe xoves no Museo do Pobo Galego, ás 19:30 horas.

No acto estarán, ademais do autor da publicación, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade en funcións, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde, o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

Nesta ampla biografía de 1.331 páxinas recóllese a vida de “o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”.

Trátase do primeiro volume dunha “biografía monumental”, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, xunto á actualidade da época. Ademais, o libro ilústrase con fotografías que mostran diferentes momentos da súa traxectoria. 

Comentarios
Lo más