miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Román Rodríguez asegura que o Camiño de Santiago ten un papel vertebrador con Europa

Román Rodríguez asegura que o Camiño de Santiago ten un papel vertebrador con Europa
Román Rodríguez asegura que o Camiño de Santiago ten un papel vertebrador con Europa

Na súa intervención, o titular de Cultura e Turismo abordou o papel que desempeña o Camiño de Santiago como nexo de unión con Europa e a súa vinculación co paisaxe e o territorio

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da Annual Conference of Regional Studies Association, un congreso de carácter internacional que reúne en Santiago de Compostela a máis de 500 expertos para debater sobre desenvolvemento, problemáticas e retos das rexións baixo o lema Empuxando rexións máis alá das súas fronteiras.

Na súa intervención, o titular de Cultura e Turismo abordou o papel que desempeña o Camiño de Santiago como nexo de unión con Europa e a súa vinculación co paisaxe e o territorio. “Santiago de Compostela e a Ruta Xacobea compoñen un espazo de unión para compartir os valores fundacionais sobre os que se construíu Europa”, subliñou. Neste sentido, Román Rodríguez tamén puxo en valor a necesidade de que Galicia se diferencie como pobo “desde o respecto e solidariedade”.

Comentarios
Lo más