Mercadiño solidario de libros na praza do Concello por iniciativo do colexio O Grupo
06:30 06/06/19
06:30 06/06/19
Foi unha iniciativa enmarcada na programación desta sétima edición do Xuño da Cultura e as Artes
Alumnos e alumnas do colexio ribeirense O Grupo encheron de vida a praza do Concello coa celebración dun mercado de libros solidario que se prolongou ao longo de toda a mañá.
O sistema consistiu no troco de exemplares por produtos alimenticios non perecedoiros e gozou de ampla repercusión con numerosos clientes que tiveron ocasión así de adquirir clásicos da literatura e outros libros e contribuír de paso a unha boa causa.
Foi unha iniciativa enmarcada na programación desta sétima edición do Xuño da Cultura e as Artes.