Unha colisión entre dous turismos deixa un ferido de consideración na Cañiza
19:23 04/06/19
19:23 04/06/19
Sucedeu pasada a unha desta tarde, concretamente na Rúa Botica do concello pontevedrés, tal e como indicou un veciño que chamou ao 112 Galicia
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha persoa que resultou ferida como consecuencia do impacto entre dous turismos na Cañiza.
Sucedeu pasada a unha desta tarde, concretamente na Rúa Botica do concello pontevedrés, tal e como indicou un veciño que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un dos implicados no accidente que presentaba lesións de consideración.
Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como aos axentes da Policía Local.