Falece un operario ao virse abaixo o teito dunha vivenda en Lobeira
Con todo, o equipo médico nada puido facer por salvar a vida dun dos operarios que faleceu ao derrubarse o teito dun soportal
Un traballador faleceu e outro resultou ferido de gravidade ao virse abaixo o teito que estaban arranxando nunha vivenda de Lobeira.
Tras recibir a alerta ás 17 horas de onte, o persoal do 112 Galicia activou un operativo no que participaron os profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil, efectivos do GES de Lobios e voluntarios de Protección Civil.
Con todo, o equipo médico nada puido facer por salvar a vida dun dos operarios que faleceu ao derrubarse o teito dun soportal que estaban reparando nunha casa do Lugar das Conchas, no concello ourensán de Lobeira.
Ademais, o seu compañeiro resultou ferido grave, polo que foi evacuado no helicóptero con base en Ourense ao centro hospitalario de referencia.