miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Vueling xa conta dende onte cun novo avión con base en Compostela

Vueling xa conta dende onte cun novo avión con base en Compostela
Vueling xa conta dende onte cun novo avión con base en Compostela

Vueling empezou as súas operacións en Santiago de Compostela no ano 2006, coa ruta a Barcelona, e foi en 2015 cando baseou o seu primeiro Airbus A320

A compañía Vueling vén de incorporar este mesmo martes o seu segundo avión baseado no Aeroporto Rosalía de Castro. A nova aeronave, que xa opera e dorme na súa base de Lavacolla, está asociada a unha ampliación de aproximadamente 40 persoas no aeroporto compostelán. Unha vintena destas corresponde a pilotos e tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP), mentres o resto recae de maneira indirecta en labores de handling e mantemento.

Vueling empezou as súas operacións en Santiago de Compostela no ano 2006, coa ruta a Barcelona, e foi en 2015 cando baseou o seu primeiro Airbus A320. Agora, coa incorporación do segundo avión baseado, a compañía engade unha frecuencia diaria á súa conexión coa capital catalá -operará 3 voos ao día- e unha frecuencia semanal a Málaga. Así, este verán, a aerolínea porá a disposición dos pasaxeiros un total de 512.684 prazas, o que supón un incremento do 7% respecto o pasado ano.

Na presente tempada estival, a compañía enlaza de maneira directa Santiago con 12 destinos: Barcelona, Alacante, Ámsterdam, Bruxelas, Lanzarote, Fuerteventura, Málaga, Mallorca, París (Charles de Gaulle), Roma (Fiumicino), Tenerife (Norte) e Zúric. Estas rutas opéranse dende o último fin de semana de marzo, coincidindo co inicio do verán aeronáutico. 

Comentarios
Lo más