Feridas dúas persoas nun atropelo en Rianxo
Solicitouse a intervención dos efectivos da Policía Local e membros da Agrupación de Protección Civil da localidade
Dúas persoas resultaron feridas de gravidade nun atropelo ocorrido na estrada de Rianxo a Leiro.
Foi a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia o que permitiu activar un operativo no que colaboraron os profesionais de 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Boiro e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, solicitouse a intervención dos efectivos da Policía Local e membros da Agrupación de Protección Civil da localidade.
Os servizos de emerxencia alí desprazados confirmaron ao 112 Galicia que, finalmente, as dúas persoas presentaban feridas de consideración polo que foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.