Dúas persoas atrapadas nun accidente de tráfico en Neda
Ocorreu na AC-862 no punto quilométrico 12,200, ao seu paso polo concello coruñés de Neda
Onte produciuse unha colisión frontal entre dous turismos, rexistrouse preto das 20:30 horas cando os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar a dúas persoas atrapadas. Unha vez liberados, os feridos foron atendidos e evacuados en ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.
Ocorreu na AC-862 no punto quilométrico 12,200, ao seu paso polo concello coruñés de Neda. A esa hora varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia alertando do sinistro. Ademais, un dos alertantes indicaba que podería haber persoas atrapadas nun dos vehículos accidentados.
De inmediato, os xestores de emerxencia do 112 Galicia puxeron o suceso en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia e dos Bombeiros de Ferrol. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos membros do GES de Mugardos e da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.