Un cativo evacuado en helicóptero despois de caer a unha piscina en Salceda de Caselas
17:24 04/06/19
17:24 04/06/19
Os familiares do cativo o rescataron e axiña contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido
Un neno pequeno tivo que ser trasladado a pasada noite no helicóptero medicalizado con base en Ourense a un centro hospitalario despois de caer a unha piscina en Salceda de Caselas e quedar sen respiración.
Os familiares do cativo o rescataron e axiña contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e requiriuse tamén a intervención da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas para prestar apoio ao equipo médico da aeronave.
Os feitos sucederon ao fío das 21:00 horas, no lugar do Pomar de Suso.