O Santiago Futsal chega a un acordo para renovar a Brian Niebla dúas temporadas máis
Na pasada 2018-2019 o número 3 celeste conseguiu 12 dianas, o que lle situou como un dos máximos goleadores do equipo
O Santiago Futsal e o xogador canario Brian Niebla chegaron a un acordo de renovación polas próximas dúas campañas.
O gomero, que chegou á base do conxunto santiagués na temporada 2016-2017 para xogar cos xuvenís do club, consolidouse como unha peza fundamental no esquema do primeiro equipo do Santiago Futsal.
Na pasada 2018-2019 o número 3 celeste conseguiu 12 dianas, o que lle situou como un dos máximos goleadores do equipo. Isto, sumado ao seu bo facer defensivo, fai de Brian un xogador importante no novo proxecto dirixido por David Rial.
Este último, referíndose ao xogador, comentou que “ Brian é un á zurdo con gusto polo balón, bo armador de xogo e con moita pegada. É un xogador da casa, alguén que representa perfectamente a nosa filosofía de traballo e que grazas a iso creceu de maneira notable durante este tempo connosco”
Pola súa banda, Brian mostrouse moi satisfeito coa renovación: “Foi unha decisión fácil. Estou moi ilusionado co proxecto e síntome como na casa. Este será o meu cuarto ano no club e tentarei seguir achegando todo o que poida ao equipo como ata agora”