Un home ferido de consideración ao envorcar o seu tractor en Tui
Todo ocorreu ás 17:00 horas da tarde de onte, cando un veciño chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un home que manexaba un tractor e sufrira un accidente
O condutor dun tractor resultou ferido de consideración despois de envorcar co seu vehículo nunha finca situada en Rebordans, Tui.
Un equipo médico desprazouse ata o lugar do sinistro a bordo de helicóptero con base en Ourense para trasladaro ao ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Todo ocorreu ás 17:00 horas da tarde de onte, cando un veciño chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un home que manexaba un tractor e sufrira un accidente. Segundo sinalou, foron quen de liberar ao condutor, pero, con todo, necesitaba atención sanitaria.
Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona o helicópotero medicalizado con base en Ourense para a rápida evacuación ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Ademais, o equipo médico contou co respaldo e apoio dos axentes da Policía Local e Garda Civil.