Chega unha fronte á cidade que deixará chuvias
08:00 04/06/19
08:00 04/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima ata os 18ºC
Unha nova fronte atravesará Galicia ao principio da xornada, deixando chuvias, xeneralizadas durante a mañá, comezando polo litoral oeste.
Xa pola tarde as precipitacións quedarán en forma de chuvascos ocasionais, á vez que se abrirán claros.
Las precipitacións tenderán a xeneralizarse de novo durante a noite e madrugada do mércores, cando poderían producirse de forma treboenta.
As temperaturas continuarán en descenso, sendo máis acusado nos valores máximos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima ata os 18ºC.
O vento soprará de compoñente oeste, frouxo no interior, moderado na costa.