Xabier Docampo será homenaxeado hoxe na Biblioteca Ánxel Casal
El, foi o escritor que trouxo un Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con Cando petan na porta pola noite. Ofreceu múltiples historias para rapazada e A nena do abrigo de astracán que foi a gran obra construída ao longo da súa vida; unha novela para todo tipos de lectores e lectoras
Xabier Docampo, o mestre das viaxes imaxinarias, en palabras de Héctor Cajaraville.
El, foi o escritor que trouxo un Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con Cando petan na porta pola noite. Ofreceu múltiples historias para rapazada e A nena do abrigo de astracán que foi a gran obra construída ao longo da súa vida; unha novela para todo tipos de lectores e lectoras. Os seus libros sempre foron escritos coa pasión coa que vivía, cheos de Docampo un cidadán comprometido: coa lingua de noso e a cultura, creador de plataformas para a defensa da identidade e a dignidade como Prolingua e de tantas outras aventuras como GALIX, Nova Escola Galega ou BLOC (unhas que se manteñen e outras que só el podía soster).
Para el, o martes 4 de xuño en horario de mañá (a partir das 10) e en horario de tarde (a partir das 17.00 horas) serán lidas as súas obras. Organízase porque mentres se len as obras dun escritor este segue vivo, porque ler é a mellor homenaxe a un escritor, e tamén, convencidos de que a lectura é sempre un acto de resistencia e identidade.
A biblioteca Ánxel Casal mostrou o seu recoñecemento a este escritor, ao manter ao longo de meses un cartel ocupando parte dunha das súas paredes acristaladas, a partir da data da súa morte en xuño do 2018
Será mañá o 4 de xuño. A data de defunción de Docampo foi a finais de xuño, pero resulta difícil facerlle algo a esas alturas de curso e coa xente a piques de coller vacacións; por iso se decidiu adoptar un dos días da primeira semana do mes.
O acto consistirá na lectura dos seus textos. As persoas participantes poranlle voz á súa palabra, evitando calquera tipo de discurso. A única excepción será a charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández que a impartirá como final de acto ás 19,00 horas. GALIX entregaralle á familia a figura conmemorativa da homenaxe (Socio de Honra) que se lle ía realizar en vida.