miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xa se pode inscribir na campaña de vela que organiza a Deputación da Coruña este verán

Xa se pode inscribir na campaña de vela que organiza a Deputación da Coruña este verán
Xa se pode inscribir na campaña de vela que organiza a Deputación da Coruña este verán

A campaña de vela da Deputación da Coruña terá lugar do 1 de xullo e o 9 de agosto

Este verán, a Deputación da Coruña organiza unha campaña de vela entre o 1 de xullo e o 9 de agosto. Dirixida a rapazas e rapaces de 9 a 18 anos empadroados nun concello da provincia, a campaña inclúe a realización de cursos de vela dunha semana de duración. A iniciativa conta cun total de seis quendas dunha semana cada unha, que se desenvolverán en Boiro, Outes, Fisterra, Malpica de Bergantiños, A Coruña e Ortigueira. 

As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral en horario de 9.00h a 14.00 horas, antes do día especificado no folleto da actividade, que variará segundo a quenda elixida. O cota de inscrición desta actividade é de 25 euros. 

Con vistas ao verán, a Deputación Provincial da Coruña pon en marcha unha campaña de vela, cuxo obxectivo é achegar os deportes de auga ás nenas e nenos da provincia. A iniciativa constará de seis quendas dunha semana de duración cada unha, e estenderase do 1 de xullo ao 9 de agosto. Así, nesta actividade poderán inscribirse todos os nenos e nenas de 9 a 18 anos empadroados nalgún dos concellos da provincia da Coruña, se ben terán prioridade os rapaces empadroados nos concellos onde se desenvolverán os cursos de vela. Para participar é obrigatorio saber nadar.

Os cursos terán unha duración de cinco días e neles participarán dous grupos de mozos. O primeiro acudirá á formación na quenda de mañá, que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 horas, mentres que o segundo o fará de tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas. 

Así, durante o curso, os e as participantes iniciaranse nos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, e realizarán un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

Dita actividade desenvolverase nun total de seis concellos. Así, comezará o 1 de xullo en Boiro, concello ao que seguirán os municipios de Outes, Fisterra, Malpica de Bergantiños, A Coruña e Ortigueira. Os rapaces e rapazas que queiran participar nalgún dos seis cursos organizados ao abeiro desta campaña deberán formalizar a inscrición nos seus concellos dentro da data especificada no folleto informativo segundo a quenda elixida. Este documento pode consultarse na ligazón dispoñible á dereita desta nova, baixo o apartado de descargas.

Comentarios
Lo más