miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Absoltos por falta de probas os tres acusados por traficar con droga en Fisterra

Absoltos por falta de probas os tres acusados por traficar con droga en Fisterra
Absoltos por falta de probas os tres acusados por traficar con droga en Fisterra

A Audiencia tamén sinala que non se determinou a que piso se dirixían os presuntos compradores

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña absolveu por falta de probas a tres sospeitosos de traficar con droga en Fisterra. O tribunal destaca que nas vixilancias realizadas durante seis meses pola Garda Civil nas vivendas dos sospeitosos, situadas no mesmo edificio, foron identificadas “unicamente seis persoas”, un número que considera “insignificante”. Ademais, salienta que todas tiñan relación persoal con algún dos moradores do edificio, “circunstancia que non permitiría definir a visita como alarmante”.

A Audiencia tamén sinala que non se determinou a que piso se dirixían os presuntos compradores. “Aínda que désemos por boa a dedución dos axentes e os supostos compradores se dirixesen precisamente ás vivendas que se sinalan, debería terse en conta que nelas non vivía unicamente unha persoa”, destaca.

“En definitiva, este conxunto de proba pode ser suxestivo da actividade estraña, seica ilícita, pero a súa significación dista da necesaria para asentar a responsabilidade na comisión do delito que se atribúe ou para definir a autoría sequera de forma indiciaria”, conclúe o tribunal.

Comentarios
Lo más