miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha nena ferida de consideración ao ser atropelada por un camión en Poio

Unha nena ferida de consideración ao ser atropelada por un camión en Poio
Unha nena ferida de consideración ao ser atropelada por un camión en Poio


Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a nena foi trasladada ao Hospital Provincial


Os servizos de emerxencia interviñeron esta mañá para liberar a unha nena que resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un camión e quedar atrapada debaixo do vehículo. 

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a nena cruzaba a Avenida de la Barca, á altura do número 32, cando foi atropelada. Os bombeiros tiveron que erguer o camión para liberar á menor, que foi trasladada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Os feitos ocorreron ao fío das 8:30 horas, momento en que unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia. A partir de aí, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Sanxenxo, dos Bombeiros de Pontevedra e de Ribadumia, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a nena foi trasladada ao Hospital Provincial.

Comentarios
Lo más