miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chegan as nubes á cidade

Chegan as nubes á cidade
Chegan as nubes á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará 15ºC e a máxima ata os 22ºC

As baixas presións localizadas ao norte de Escocia enviarán unha fronte que chegará con escasa actividade a Galicia. 

Deste xeito, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de inteiror e brétemas costeiras no litoral atlántico e ceos máis anubrados pola mañá con orballos, máis probables na metade oeste de Galicia. 

Pola tarde quedará algún chuvasco illado e ocasional.

As temperaturas durante a madrugada serán moi suaves, pero as máximas seguirán descendendo. En Compostela a temperatura mínima acadará 15ºC e a máxima ata os 22ºC.

Os ventos soprarán frouxos, variables pola mañá e de compoñente oeste pola tarde.

Comentarios
Lo más