Unha colisión entre dous vehículos en Lugo deixa a tres persoas ferdias
Debido ao accidente, a circulación na estrada foi cortada
Na madrugada de hoxe, un choque frontal entre dous coches na N-VI saldouse con tres persoas feridas evacuadas en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Dúas delas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros.
Debido ao accidente, a circulación na estrada foi cortada.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular á 1:00 horas desta noite. Segundo a información facilitada, os dous turismos bateron mentres circulaban pola N-VI ao seu paso por Lugo.
Axiña, os xestores do CIAE informaron aos Bombeiros de Lugo, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local e tamén aos membros de Protección Civil da localidade. Os servizos sanitarios xa tiñan coñecemento do accidente e desprazaron unha ambulancia ata o lugar do sinistro.
Tras rematar a intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que a circulación na vía restableceuse pouco antes das 3:00 horas de hoxe.