miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un condutor kamikaze pola A-6 pon en alerta a varios particulares

Un condutor kamikaze pola A-6 pon en alerta a varios particulares
Un condutor kamikaze pola A-6 pon en alerta a varios particulares

Segundo a información recibida, o turismo que viaxaba en dirección Madrid polo carril que vai á Coruña chocou contra outro vehículo e continuou a marcha á altura do punto quilométrico 470, en Baralla

Ás 8:30 horas da mañá de hoxe, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas particulares que informaban dun coche circulando en sentido contrario pola A-6.

Segundo a información recibida, o turismo que viaxaba en dirección Madrid polo carril que vai á Coruña chocou contra outro vehículo e continuou a marcha á altura do punto quilométrico 470, en Baralla.

A ocupante do coche sinistrado necesitou asistencia médica e foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia.

Desde o 112 Galicia avisouse tamén aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Becerreá e ao servizo de mantemento da vía.

Comentarios
Lo más