miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Garda Civil incrementará os axentes para investigar os incendios forestais en Galicia

A Garda Civil incrementará os axentes para investigar os incendios forestais en Galicia
A Garda Civil incrementará os axentes para investigar os incendios forestais en Galicia

Nunha entrevista á emisora pública Radio Galega, Rodríguez indicou que "está previsto un aumento dotacional de efectivos e fundamentalmente orientados á investigación de incendios forestais" durante o verán

A Garda Civil incrementará os axentes co fin de "potenciar os equipos de investigación de incendios" forestais, afirmou o xeneral xefe do citado corpo policial en Galicia, Luís Francisco Rodríguez.

Nunha entrevista á emisora pública Radio Galega, Rodríguez indicou que "está previsto un aumento dotacional de efectivos e fundamentalmente orientados á investigación de incendios forestais" durante o verán.

Tamén sinalou que en materia de prevención contra incendios forestais, a Garda Civil conta co "apoio en épocas puntuais doutras unidades" procedentes doutros puntos de España, como tamén en labores de vixilancia do Camiño de Santiago, por onde transitan miles de persoas.

Rodríguez subliñou a vontade de reforzar os equipos de investigación sobre os lumes en zonas forestais para "poñer aos presuntos responsables ao dispor das autoridades xudiciais".

Nese sentido, sinalou que o reforzo de axentes para investigar incendios será nas catro provincias galegas.

Comentarios
Lo más