miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O turismo en Galicia segue avanzando medrando por riba do 5% nos catro primeiros meses do ano

O turismo en Galicia segue avanzando medrando por riba do 5% nos catro primeiros meses do ano
O turismo en Galicia segue avanzando medrando por riba do 5% nos catro primeiros meses do ano

A Comunidade galega creceu nos catro primeiros meses do ano por riba da media española grazas ás cifras nos establecementos hoteleiros ou casas rurais

O turismo en Galicia continúa a avanzar de xeito sostido neste ano 2019 da man da calidade. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que revelan que a demanda turística medrou por riba da media española nos catro primeiros meses ao crecer un 5%, mentres que no resto de España a evolución foi do 0,9%.

Neste tempo chegaron á Comunidade galega máis de 1 millón de viaxeiros que realizaron máis de 2 millóns de noites nos establecementos de aloxamento regrado, o que se traduce na xeración de algo máis de 31.000 viaxeiros que hai un ano e preto de 94.000 noites máis que nas mesmas datas de 2018. Medra tanto o turismo nacional como o estranxeiro, destacando de xeito especial este último que logra superar nun 11% a cifra de viaxeiros aloxados e case nun 13% o volume de noites. O turismo estranxeiro acumula así cinco anos consecutivos de mellora nos primeiros meses do ano acadando este 2019 un máximo histórico con preto de 425.000 noites.

Avance en todos os tipos de aloxamento

A positiva evolución turística rexistrouse en todas as tipoloxías de aloxamento regrado, desde hoteis e pensións ata apartamentos turísticos, cámpings e establecementos de turismo rural. Neste último caso, o incremento da demanda turística roldou o 7%. Constátase tamén a tendencia dos últimos anos na que os viaxeiros deciden permanecer cada vez máis tempo en Galicia. Así, a estadía media increméntase un 1,8%, acumulando así tres anos de mellora e rexistrando a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Todas estas cifras permitiron, ademais, que o sector hoteleiro galego tamén rexistre un bo balance desde o punto de vista económico, xa que as tarifas hoteleiras medraron case dous puntos porcentuais e rexistráronse os niveis de rendibilidade –medidos polo RevPAR  ou ingreso por habitación dispoñible- máis altos da década, cun incremento do 7%.

Esta salientable evolución do turismo en Galicia ten lugar nos primeiros meses do ano, unha época na que a Consellería de Cultura e Turismo e o sector veñen desenvolvendo diferentes iniciativas tanto de promoción como de creación de produto, con experiencias turísticas que están a captar a atención dos visitantes fóra da tempada estival e dando así resposta ao compromiso do Goberno galego pola desestacionalización.

Comentarios
Lo más