miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os socialistas da provincia da Coruña reelixen a González Formoso como candidato para presidir a Deputación

Os socialistas da provincia da Coruña reelixen a González Formoso como candidato para presidir a Deputación
Os socialistas da provincia da Coruña reelixen a González Formoso como candidato para presidir a Deputación

O Comité Provincial aprobou a candidatura do actual secretario xeral cun 98% de apoio e ningún voto en contra (147 a favor e 3 abstencións)


Os socialistas da provincia da Coruña elixiron onte a Valentín González Formoso como candidato á presidencia da Deputación da Coruña.

O Comité Provincial, no que están representadas todas as agrupacións locais, aprobou a candidatura do actual secretario xeral cun 98% de apoio e ningún voto en contra (147 a favor e 3 abstencións).

Na súa intervención previa á votación, González Formoso asegurou que nos próximos catro anos “manteremos un criterio de reparto de axudas xusto e equilibrado, ademáis de potenciar as iniciativas para fomentar o emprego e loitar contra a despoboación”.

“Creo que estes catro anos xestionamos unha Deputación transparente, obxectiva e cercana á xente, respectando a autonomía municipal e dándolle un gran impulso ao plan único e os plans de emprego”, afirmou o secretario xeral dos socialistas da provincia.

Balance electoral

A reunión de hoxe serviu tamén para que os socialistas fixeran balance das municipais do pasado domingo. Os resultados foron moi satisfactorios, cun aumento do voto do 42% e a aspiración de ser a forza que goberne en máis concellos.

En concreto, o PSOE obtivo 53.000 votos máis que hai catro anos na provincia e case 100 concelleiros e concelleiras máis. Na Deputación, pasaouse de 8 a 11 deputados. Os socialistas son primeira forza en 32 concellos, 22 deles con maioría absoluta.

“Por maioría absoluta ou relativa, estamos en condicións de gobernar nestes 32 concellos, pero noutros dez podemos facelo a través de pactos progresistas liderados polo PSOE”, engadiu Formoso.

Comentarios
Lo más