Comeza a baixada de temperaturas na cidade
08:00 02/06/19
08:00 02/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará 14ºC e a máxima os 24ºC
Galicia quedará nesta xornada nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.
Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados, aínda que con nubes medias e altas que non deberían impedir o paso do sol; a medida que avance o día entrarán néboas e nubes baixas polo litoral.
As temperaturas descenderán, sendo a baixada máis acusada nos valores diúrnos. En Compostela a temperatura mínima acadará 14ºC e a máxima os 24ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.