miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopan o corpo dunha persoa flotando no Río Louro, no Porriño

Atopan o corpo dunha persoa flotando no Río Louro, no Porriño
Atopan o corpo dunha persoa flotando no Río Louro, no Porriño

No seu relato indicaba que a persoa estaba boca abaixo e accesible.Decontado, desde o 112 informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local e aos Bombeiros de Baixo Miño.

Unha persoa falecida foi atopada este mediodía flotando no Río Louro, á altura do albergue, no Porriño. Foi unha persoa particular quen, ao fío das 13:00 horas, comunicou o achado ao 112 Galicia. No seu relato indicaba que a persoa estaba boca abaixo e accesible.

Decontado, desde o 112 informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local e aos Bombeiros de Baixo Miño. Tamén se solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil.

Nestes intres, os servizos de emerxencia continúan no lugar do achado e investígase o esclarecemento do suceso.

Comentarios
Lo más