Atopan o corpo dunha muller na praia de Riazor, na Coruña
19:06 01/06/19
19:06 01/06/19
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos equipos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia
Na Coruña foi localizado un corpo nas inmediacións da Praia de Riazor. Foron varias as chamadas que se recibiron no 112 Galicia cando estaban a piques de dar as sete desta tarde para informar dun cadáver que aboiaba no medio do mar.
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos equipos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia co fin de recuperar o corpo.
Ademais, avisouse aos axentes da Policía Local e Nacional, así como aos bombeiros da cidade por se fose necesaria a súa intervención.